mércores, 6 de maio de 2020

Valores 3º/4º EP para os días 8 e 15 de maio

Ola chicos e chicas!
Que tal pasachedes estes días de descanso? Espero que moi ben. 
Hoxe traido dúas propostas xa que temos dúas datas importantes estes días. 
O pasado día 2 de maio, foi o DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR. 
Tedes aquí unha nova proposta para esta semana relacionada con este tema. Deixovos un vídeo e unhas preguntas. Desexo que vos guste tanto coma outros que temos visto. 


Pero ademais, o próximo día 13 é o DÍA DO NENO HOSPITALIZADO. Hai moitos nenos e nenas que non poden saír aínda a dar unha voltiña coma vos. Seguen nos hospitais recibindo un tratamento para poder curarse. 
Aquí vos deixo a proposta do próximo venres para que a vexades con tempo e poidades enviarlle un mail a todos estes nenos que están no Hospital Provincial. 
Se queredes enviarmas tamén a min, colgareinas no blog:  profemirian08@gmail.com 


Envíovos moreas e moreas de bicos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario