xoves, 14 de maio de 2020

Mencía e Theodor


Mencía quere contarnos como disfruta con Theo, un gatiño que atopou a súa madriña nun colector do lixo na zona de Chancelas, fai seis meses. Theo estaba moi desnutrido, con pulgas, garrapatas e lombrices. E aínda para máis, tiña unha importante infección de oídos. 
Theo pasou varios días moi maliño pero, por sorte, pouco a pouco foise recuperando, gracias aos aloumiños de Menci e de toda a súa familia. 
Mencía quere contarnos a todos que está moi contenta coa súa media laranxa!
Nós alegrámos moito de ver a Mencía así de feliz. A que sí?


Ningún comentario:

Publicar un comentario