sábado, 30 de maio de 2020

Crecemento das nosas plantacións

Os días van pasando e así de ben van crecendo as nosas plantas...

Lentellas

Tomates

Pementos
Lentella convivindo con cactus

fda
Fabas e xudías

Perexil


Cenoria









venres, 29 de maio de 2020

Avatares

Despois dunha dura semana de traballo, podemos disfrutar cos avatares que creachedes dos vosos planetas. En que lugar quedariades a vivir? Tede en conta as normas!!
Excelente traballo, chicos! 

Planetas

Esta semana tivemos un traballo bastante longo co diseño dos nosos planetas. 
Pero mirade que ben quedaron: 

   
Mercurio 

  

Venus





Explaneta Plutón

Saturno



Marte


Tierra
Neptuno


Xúpiter





xoves, 28 de maio de 2020

Valores 3º/4º

Todos os días aparece algún conflito na nosa vida: 
- Cando un adulto nos pide que recollamos a habitación ou os xoguetes e non nos apetece. 
- Cando algún amigo ou amiga nos pide xogar ao balón e nos preferimos xogar a outro xogo. 
- Etc. 

Algún deles resolvense facilmente e moi rapidamente. Pero outros...enfádannos un pouquiño. Que podemos facer nestas situacións? Atentos! 

Pinchade aquí para acceder a actividade desta semana: RESOLUCIÓN DE CONFLITOS

Podedes enviar as vosas actividades a:  profemirian08@gmail.com 

luns, 25 de maio de 2020

ACTIVIDADES 9 (DO 25 AO 29 DE MAIO)

Esta semana seremos profesionais da saúde animal! 
Canto vos gustan os animais? 
Importante: non esquezas enviar unha foto coa/s túa/s mascota/s ou coa mascota do teu veciño, dos teus avós, curmás, etc. 

ACTIVIDADES 9

(DO 18 AO 22 DE MAIO)

LUNS

25

MARTES

26

MÉRCORES

 27

XOVES

28

VENRES

29

MATES

MATES

MATES

LENGUA

GALEGO

GALEGO

LENGUA

LENGUA

GALEGO

VALORES

INGLÉS

GALEGO

INGLÉS

NATURAIS

ED. FÍSICA

ED. FÍSICA

MÚSICA

TI VALES MOITO

SOCIAIS

TI VALES MOITO

PLÁSTICA



sábado, 23 de maio de 2020

Marcapáxinas

Esta semana fixemos varias manualidades. Estes son uns marcapáxinas propostos pola profe Rocío. Quedáronvos chulísimos. Estades feitos uns artistas!




venres, 22 de maio de 2020

Parabén Anxo!

Hoxe é un día moi especial para Anxo, está de cumpreanos! 
Podedes deixarlle un comentario nesta entrada para felicitalo. 
Seguro que lle encantará ler as vosas mensaxes. 


Os teus compañeiros queren felicitarche. Aquí tes algunhas das palabras tan chulas que che dedican. 
Que sorte tes!!
E aquí tedes o agradecemento de Anxo e unha invitación para viaxar con el ao seu planeta. 
Sabedes as normas do seu planeta?




xoves, 21 de maio de 2020

Actividades Valores

Os compañeiros de 3º e 4º prepararon un rincón da calma con moito cariño e detalle e así de ben os podedes ver disfrutando del. Están moi relaxados e tranquilos. Non vos parece?



Valores 3º/4º

Ola chicos! Aquí tedes a actividade para este venres. Lembrades que é a tolerancia?
Ímolo recordar! Seguro que vos acordades de Will, o chico que quería traballar no Circo das Bolboretas
Hoxe teredes unha fermosa historia sobre as nubes en Partly Cloudy
Espero que vos guste!

Podedes enviar as vosas actividades a:  profemirian08@gmail.com 

luns, 18 de maio de 2020

Reporteiros!

Aquí tedes algunhas das entrevistas feitas a semana pasada polos nosos reporteiros máis dicharacheiros!
Por un lado, temos a unha polifacética Mencía que fai varias entrevistas. 
Unha a súa curmá Adara. Mirade que ben o fan. Modo profesional a tope!



E outra entrevista a súa mamá, Lourdes. Gracias chicas!



E aquí temos a Anxo cunha voz moi seria e responsable. Escoitade!


Nuria elixiu un lugar ideal para facer a súa entrevista. Asombra a súa seriedade! 



Actividades 8 (DO 18 AO 22 DE MAIO)

Ola chicos e chicas!
Comezamos unha nova semana. Se queres saber que investigaremos estes días, tes unha boa pista neste vídeo.   Adiante!

ACTIVIDADES 8    (DO 18 AO 22 DE MAIO) 

LUNS

18

MARTES

19

MÉRCORES

 20

XOVES

21

VENRES

22

MATES

MATES

SOCIAIS

LENGUA

GALEGO

LENGUA

GALEGO

GALEGO

VALORES

INGLÉS

SOCIAIS

INGLÉS

NATURAIS

ED. FÍSICA

ED. FÍSICA

MÚSICA

PLÁSTICA


Se queredes saber máis sobre este tema, aquí tedes uns vídeos curiosos: 


E, coma sempre, rematamos a semana con outra ronda de RETOS!

Hoxe, ademais, temos o RETO DO ALUMN@!! 

Celeste propón o seguinte reto: 


Queres ser ti o seguinte en propoñer un reto? Envíamo!!

xoves, 14 de maio de 2020

Mencía e Theodor


Mencía quere contarnos como disfruta con Theo, un gatiño que atopou a súa madriña nun colector do lixo na zona de Chancelas, fai seis meses. Theo estaba moi desnutrido, con pulgas, garrapatas e lombrices. E aínda para máis, tiña unha importante infección de oídos. 
Theo pasou varios días moi maliño pero, por sorte, pouco a pouco foise recuperando, gracias aos aloumiños de Menci e de toda a súa familia. 
Mencía quere contarnos a todos que está moi contenta coa súa media laranxa!
Nós alegrámos moito de ver a Mencía así de feliz. A que sí?


mércores, 13 de maio de 2020

Día do neno hospitalizado

Hoxe, 13 de maio, é o DÍA DO NENO HOSPITALIZADO.
Moitos xa enviachedes as vosas mensaxes ao hospital. Comparto algunhas desas mensaxes de ánimo para todos os nenos e nenas que están recuperándose nos hospitais. 






Mencía fixo un audio estupendo cunhas adiviñas un pouco difíciles. Seredes quen de adiviñalas?
Por sorte, no segundo audio tedes as solucións. 

 

Moitas gracias a todos e todas!




Xuntanzas familiares

Mencía aproveitou estes días para visitar á familia, xa que facía moito un montón que non estaban todos xuntos. 
Botábao un montón de menos!! 
E sabedes que fixeron? Pois fixeron un roteiro polo monte de Samieira y, para rematar a xornada, pois....como di a propia Mencía "al agua patos". 
Estano a pasar súper ben. A que sí?


domingo, 10 de maio de 2020

ACTIVIDADES 7 (11 AO 15 DE MAIO)

Bo comezo de semana a todos!
Como estamos? Espero que moi, moi, moi ben!
Aquí tedes as tarefas para esta semana. Desta vez, seremos PROFESIONAIS DA COMUNICACIÓN: presentadores, entrevistadores, críticos de novas, periodistas de investigación, escritores, reporteiros... estades listo? Empezamos!
Por certo, se alguén se anima a enviar una foto vestido de reporteiro, estarei encantada de recibila:
co teu micro, a cámara, o boli, o gorro, a gravadora, o paraugas, a chuvia, que precisas para ser un auténtico profesional da comunicación? 
Para finalizar a semana, aquí tedes unha nova tanda de RETOS!!
Agardamos que vos gusten. 
Boa fin de semana a todos e todas! 

ACTIVIDADES 7 (DO 11 AO 15 DE MAIO)ESTADOS UNIDOS – SEGÚN DONALD TRUMP LOS GANADORES DE LOS PREMIOS ...
MATES
MATES
LENGUA
LENGUA
GALEGO
GALEGO
LENGUA
GALEGO
VALORES
INGLÉS
SOCIAIS
INGLÉS
NATURAIS
ED. FÍSICA
ED. FÍSICA
MÚSICA
PLÁSTICA


sábado, 9 de maio de 2020

Plantamos!!

 

  

 

 

Bueno, estamos feitos uns auténticos agricultores: Celeste, Anxo, Tommy, Mencía, Iría, Nuria, Diego...
Coas nosas sementes preparadas, cal será a primeira en saír? Para a semana facemos unha foto e imos vendo como van. Non esquezades poñer a data para saber cando plantades! Nin de regar!