mércores, 29 de abril de 2020

Artistas

Mencía e Candela estiveron facendo de modelos. Sí, sí, de modelos! Estades lendo ben.
Mencía fíxose pasar por "La dama del armiño" de Leonardo da Vinci.
Candela por "La joven de la perla" de Johannes Vermeer, cadro tamén coñecido por outro nome "Muchacha con turbante".
Hai que fixarse moito para saber cal é a foto do cadro e cal a das nosas compañeiras. A que sí?
Son todas unhas profesionais! Noraboa, chicas!



luns, 27 de abril de 2020

ACTIVIDADES 5 (DO 27 AO 30 DE ABRIL)

Bos días:
Aquí tedes o horario desta semana. Pinchando no día correspondente, accederedes ás actividades propostas para cada día.

ACTIVIDADES 5 (DO 27 AO 30 DE ABRIL)  
VENRES
1
MATES
MATES
MATES
LENGUA
Hoxe é o día do traballador.
Non te esquezas de pensar e aplaudir a todas esas persoas que están traballando para derrotar ao coronavirus.
GALEGO
LENGUA
LENGUA
GALEGO
INGLÉS
SOCIAIS
INGLÉS
SOCIAIS
ED. FÍSICA
MÚSICA
PLÁSTICA

Desexo que teñades moi boa semana! 

sábado, 25 de abril de 2020

Saída dos nenos á rúa

Nas próximas horas, os nenos e nenas poderedes ir á rúa a tomar un pouquiño de aire.
Aquí vos deixo unhas recomendacións para todos aqueles que tedes pensado saír un ratiño.


venres, 24 de abril de 2020

Ánimos

Candela, Mencía e Celeste nos envían un montón de ánimos a todos con estas fotos. Ademais, queren ensinarnos o ben que o pasan na casa facendo un montón de manualidades.

Gracias, chicas!

 

 







 



Audiocontos e poemas na semana do 23 de abril: Día do libro

No día do libro, Mencía, preparou un audioconto que se titula "La granja Valuclá".



No segundo audio, de novo Mencía, gravou un conto feito a partir da súa data de nacemento. O 19 de setembro, os protagonistas son unha bruxa e un cabalo que están nunha torre.
Titúlase: "La bruja Marisol".


Tommy tamén animouse a poñerlle voz a súa receita de panqueques. Unha marabilla escoitarte!


Estades feitos uns artistas! 

xoves, 23 de abril de 2020

Valores cursos 3º e 4º Educación Primaria

Bos días chicos e chicas de 3º e 4º:

Que tal? Estou recibindo as actividades da semana pasada. Están moi ben.
Deixovos aquí a actividade para mañá. Espero que vos guste!
Moito ánimo para todos

 


mércores, 22 de abril de 2020

Receitas que arrecenden

Hoxe toca cociñar!
Mencía preparou unha deliciosa tarta de chocolate e vainilla para a clase de lingua castelá.
Quen a quere probar? Sinto comunicaros que eu xa estou anotada de primeira na lista 🍰🍰


Anxo unhas marabillosas filloas. Está feito un gran cociñeiro e, como tal, está probando a comida antes de darlla aos invitados. Mirade que cara de felicidade!


E aquí está Tommy. Está facendo pancakes, ten a tíxola dominada. Mirade que arte! 🍳




Nuria, decidiu facer tortitas americanas. Que boa pinta. E, para darnos envexa, ensínanos o prato cheo de tortitas...



Candela e Adriana prepararon uns donuts que.....mmmm...que pintaza!


 


Gracias a todos, chicos! Sodes uns artistas moi grandes. Estou moi orgullosa de todos.



Maqueta de ciencias naturais

Bo día:
Esta é a maqueta que Tommy, Anxo e Mencía tiñan preparada para expoñer o seu traballo sobre os ecosistemas. Eles tiñan que falar sobre as Dunas de Corrubedo. E como non, sobre o Alcaraván e tamén a Píllara das Dunas. 
A que está xenial?



martes, 21 de abril de 2020

A plantar!

Bo día:

Aquí tedes a Nuria traballando moi duramente na horta.
Que vas plantar, Nuri? Non nos dixeches nada.
Nuria acaba de dicirme que está a plantar: pmentos de padrón, pementos italiáns e morróns, berenxenas, calabacíns, tomates, cebolas, chícharos, xudías de dous tipos e, tamén, porros.

Sabedes que eu tamén plantei? Pois sí!
Puxen: pementos das tres cores, cabazas, tomates, berenxenas, porros e calabacín. E, como novidade, tamén puxen algunhas plantas de romanesco e coliflor. Pero non teño nin idea de se sairán adiante porque nunca o fixera antes. Algún consello?
A nai de Nuria, Teresa, comenta que, este ano, hai que rezar para que veña bo tempo.
E os demais? Tedes algún outro consello ou truco?









luns, 20 de abril de 2020

Actividades 4: do 20 ao 24 de abril

Bos días arañitas:
Deixovos un horario para que vos poidades organizar. Máis abaixo, tedes detalle de cada unha das actividades. 



LUNS 20

MATEMÁTICAS
Pincha aquí para ver los tres ejercicios de hoy sobre medidas de masa. 



GALEGO
Desde a biblioteca, nos propoñen a seguinte actividade. Ánimadevos!
Podedes ampliala aquí



EDUCACIÓN FÍSICA. 

Pinchando aquí iredes as actividades que vos preparou a profe. Hoxe, xogar á goma. 



MARTES 21

MATEMÁTICAS
Trabajamos con medidas de masa. Pincha aquí para ampliarla. Hoy tocan los ejercicios 4 y 5. 
LENGUA
Escribe una receta. Escribe una receta en la que uses: 
- 2 verbos de la primera conjugación (acaban en -ar). Ejemplos: 
amasar, calentar, utilizar, echar, deshidratar, etc. 
- 2 nombres comunes que lleven h. Ejemplos: huevo, harina, higos, habas, leche, etc. 
- 2 adjetivos. Ejemplos: fresca, pequeño, caliente, etc. 
- 2 artículos determinados: el, la, los, las. 

NOTA: No te olvides enviar una foto si preparas la receta :) 

NATURAIS
Elixe un animal en perigo de extinción do traballo dos ecosistemas que empezamos na clase. Escribe todo o que saibas sobre el: que tipo de animal é, corpo, alimentación, reprodución, etc. 
Podes incluír un debuxo! 

Monte Aloia: Caracol de quimper. 
Dunas de Corrubedo: Alcaraván. 
Illas Atlánticas: Esgonzo ibérico e bolboreta arlequín. 

MÚSICA
Pinchando aquí iredes as actividades que vos preparou a profe. Hoxe, cantar en lingua de signos. 


MÉRCORES 22

MATEMÁTICAS
Trabajamos con medidas de masa. Pincha aquí para ampliarla. Hoy tocan los ejercicios 6 y 7. 

LENGUA
Inventa una canción o un cuento con las 8 palabras que has usado en la receta de ayer. 
Recuerda las palabras: 
- 2 verbos de la primera conjugación. 
- 2 nombres comunes que lleven h. 
- 2 adjetivos. 
- 2 artículos determinados: el, la, los, las. 

¡Ponle ritmo y envíame un audio! Y si eres muy atrevido, puedes hacer un baile mientras lo cantas. ¡Te reto!


XOVES 23

LENGUA
Hoy es el día del libro. Debéis inventar un cuento pero... ¡no uno cualquiera!
Será distinto según tu fecha de nacimiento. ¿Estás listo?
Mira la imagen y descubre en qué lugar tendrá que vivir una aventura tu personaje. ¡No te olvides de su objeto mágico!
Recuerda que puedes escribirlo o grabarlo. 
Clica aquí para ampliarla. 
GALEGO
Remata a actividade do luns. 

NATURAIS
Remata a actividade dos animais en perigo de extinción. 


VENRES 24

GALEGO
Fai o diario. 


VALORES
Aquí vos deixo unha actividade para facer en familia. Son uns mini retos que podedes facer ao longo de toda a semana. 
O último día para entregalos será o xoves día 30. 
Son moi faciliños pero pouco a pouco iremos aumentando a dificultade. 
Estades listos? Pincha aquí para ampliar a actividade. 





EDUCACIÓN FÍSICA. 

Pinchando aquí iredes as actividades que vos preparou a profe. Hoxe, o xogo dos pelouros. 
Deivoxos debaixo o que pon no seu blog, por se alguén ten dificultades para atopalo: 


XOGO DOS PELOUROS

Para xogar,precisamos cinco pelouros(pedras lisas e redondeadas).
1º  A persoa que empeza lanza os cinco pelouros ao aire e tenta coller un.Este pasa a ser a pedra mestra, chamada coutadeira.
2º  Lánzase a coutadeira ao aire e antes de recollela, cóllese con esa man un   dos seixos do chan.
3º Repítese o proceso ata recollelas todas do chan. Quen o consiga gaña a partida.

Supoño que non tendes pelouros, pero sempre hai unha solución:
Colledes un pouco de papel de cociña(a mitade dun papel), facedes unha boliña e cubrídela con papel de aluminio, reforzando a forma de bola inicial. Este proceso repitídelo cinco veces, e xa tendes os vosos pelouros para poder xogar.
Ahí vos vaí un vídeo de como é o xogo:

Un pouco de ritmo e lateralidade:

https://www.youtube.com/watch?v=0kNPetjMTCQ   

venres, 17 de abril de 2020

Unha costureira en 5º

Bueno, despois de descubrir unha guitarrista na clase, agora outra sorpresa: unha costureira! 😍
Mirade a Mencía que ben o fai.
A súa boneca leva unha saia  que será tendencia este verán. Xa veredes!
Alguén necesita algunha prenda de roupa a medida e pesoalizada? ✂✂✂


xoves, 16 de abril de 2020

Experimentos Tommy

Tommy o científico! 

Pinchando nas iconas dos científicos podedes ver a Tommy, en diferentes momentos, preparando un volcán para entrar en erupción.
Cal seráo resultado? Estaremos atentos!

👨‍🔬             👨‍🔬




E aquí, está Tommy, realizando un experimento para expantar ao coronavirus. Bravo!! 






mércores, 15 de abril de 2020

Valores cursos 3º e 4º Educación Primaria


Bo día a todos, chicos e chicas de 3º e 4º:

Que tal estades?

Aquí vos deixo as preguntas que vos preparei para a sesión deste venres. Están relacionadas coa situación na que todos nos atopamos.

martes, 14 de abril de 2020

Actividades 3: do 14 ao 17 de abril

Bos días arañitas:

Aquí tedes a primeira das actividades que fixemos desta semana. 
Podedes descargala nestas iconas:

ACTIVIDADES 3

mércores, 8 de abril de 2020

Experimentos Mencía


Super traballadora Mencía! Todo o día facendo cousiñas esta arañita. Moi ben!
Aquí está facendo experimentos 💥💥💥💥

Reto conseguido! 💜

 






luns, 6 de abril de 2020

Retos Semana Santa Nuria


Mirade que sorpresa: temos unha guitarrista na clase!! 🎸🎸🎸🎸

Cando regresemos ás aulas, xa sabedes, todos a coller asento rapidamente para o concerto de Nuria.

Nuria fixo os catro experimentos que vos propuxemos para Semana Santa. Toda unha campioa. Aquí os tedes:
- Un experimento feito con auga, aceite e cáscara de limón.
- Un xogo ao que lle chamou "Memory". Temos que probar en clase. Queredes?
- Nuria observa todo o que ve desde a súa ventá. Que sorte ten con esas vistas tan bonitas.

Retos conseguidos. Noraboa!💜




venres, 3 de abril de 2020

Experimento e pancartas Anxo


Bo día a todos:

Hoxe toca un pouco de diversión. Aquí vos deixo a Anxo tratando de espantar ao coronavirus. Está moi ben explicado, non queda ningunha dúbida do que debemos facer para poder volver á normalidad o máis rápido posible.
Moitas gracias, Anxo!!

Tamén nos envía dúas pancartas que fixo con moito cariño para animarnos a todos e facernos sorrir. Chulísimas, nos encantan!!

Reto conseguido! 💜