martes, 16 de xuño de 2020

CONCURSO CARTEIS DE SAN XOÁN

Chegounos o concurso dos carteis de San Xoán do concello. 



Aquí tedes  máis información. 
Recordade que remata mañá, día 17, o prazo. 
Ánimo!


luns, 15 de xuño de 2020

ACTIVIDADES 12

Chicos, estamos na última semana de cole!!

Cada semana que pasa podemos facer máis cousas e apetece menos estudiar e traballar, a que sí?
Bueno, imos a polos últimos días. 
Empezamos...
Matemáticas páxina 97: exercicios...

Que non, que é broma! 😝😝😝

Deixovos a proposta para esta última semana. Cada día, iremos descubrindo unha nova. 
Tede paciencia e estade atentos!
A polo último luns de cole! 😁

- ACTIVIDADE A.  Últimos retos do curso. Espero que vos gusten. 



 - ACTIVIDADE B. A profe Paula, a profe Julia e máis eu preparámosvos este trivial con preguntas de matemáticas, lingua, ciencias, música, valores e deportes. Seredes capaces de conseguir todas cores dos queixiños para completar o xogo? Quen será o máis rápido?

 









- ACTIVIDADE C. Hoxe tedes un Escape Room sobre Harry Potter, o noso heroe deste curso!! Tedes que sueperar unha serie de probas...moi difíciles...ou non... Seredes capaces de escapar? Enviade unha foto do final!! 


- ACTIVIDADE D. Como non podía ser doutro xeito, a última actividade deste curso é...

D - E - S - C - A - N - S - A - R

X - O - G - A - R

D - I - S - F - R - U - T - A - R 

D - E - S - C - O - N - E - C - T - A - R!!




sábado, 13 de xuño de 2020

A nosa plantación!

As nosas plantas van vento en marcha a toda vela!
Algunhas, xa foron transplantadas a terra porque xa estaban moi crecidiñas. 





            🌱🌱🌱🌱🌱🌱🌱🌱🌱

venres, 12 de xuño de 2020

Valores 3º / 4º

Como hoxe é a última sesión que nos toca xuntos, imos a celebralo "dándolle ao coco". Que vos parece?
Aquí tedes unha serie de retos para pensar sós ou coa familia. 
Espero que vos gusten!

Podedes enviar as vosas respostas e fotos a: 

profemirian08@gmail.com 

xoves, 11 de xuño de 2020

Refuxios

Os compañeiros de quinto, están moi concienciados co medio ambiente e cos animais. Mirade que refuxios construíron para os paxariños. 


🐦🐦🐦🐦🐦🐦🐦🐦🐦

  
🐦🐦🐦🐦🐦🐦🐦🐦🐦


mércores, 10 de xuño de 2020

Xabón

Aprendemos a facer xabón!!

Diego esforzouse un montón. É todo un "manitas": 







Celeste xa é unha experta no tema. Observade que ben explica os pasos: 





Mencía elaborou unhas rosas de xabón de diferentes tamaños. Quedáronlle preciosas!












martes, 9 de xuño de 2020

Mascotas

Co gallo do día do Medio Ambiente, decidimos presentar as nosas mascotas ao resto da clase, as que queremos e debemos protexer e coidar: tirando o lixo ao colector, reciclando, consumindo só o necesario, etc. 

 Anxo con Lisa que xa ten doce aniños e Lucía que ten tres: 


Tommy con Sandy e un montón de peixes de cores: 



Mencía co pequeniño Theodor




luns, 8 de xuño de 2020

ACTIVIDADES 11

Ola chicos!
Esta é a penúltima semana de clase!!  😀
É un motivo de alegría, verdade? Pois imos a celebralo, converténdonos todos en cantantes!
A música é importante na nosa vida, verdade que sí?
Imos aló!!

LUNS  MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
 ACTIVIDADES MÚSICAINGLÉS ED. FÍSICADIARIO
 PENSAMOS PENSAMOSPENSAMOSPENSAMOSPENSAMOS

domingo, 7 de xuño de 2020

Contaminación

Como grandes axentes do SEPRONA que son estes chicos e chicas de 5º, identificaron situacións que non son coidadosas co Medio Ambiente e que non deben producirse nunca.

Lixo no medio do monte: 

Pintadas nas paredes e muros: 
Restos abandoados: 


Na nosa man está cambiar todo isto. A que sí?

venres, 5 de xuño de 2020

Valores 3º/4º

Hoxe é o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE polo que debemos facer unha pequena paradiña nesta celebración pois, a clase de Valores, ten moito que ver con este día. 
Se nón amosamos un pouco de respeto pola natureza, pronto quedaremos sen un lugar no que vivir. E non soamente nós: os animais e as plantas seguirán morrendo pola culpa dos humanos. 
Que estás facendo ti por evitalo? Que estás disposto a facer por cambiar esta situación?
Aquí tedes unha serie de propostas. 
Recordade que podedes enviar as vosas actividades e fotos a: 

profemirian08@gmail.com 

xoves, 4 de xuño de 2020

A Lúa e as súas fases

Fai uns días estivemos repasando as fases da Lúa e os chicos de 5º fixeron unhas manualidades súper chulas para poder observar as distintas fases polas que pasa o satélite da Terra. 
Estades traballando moi ben e un montón. 
Parabéns, chicos e chicas de 5º!! 

             

              

     









mércores, 3 de xuño de 2020

DÍA MUNDIAL DA BICICLETA!!

Hoxé o día mundial da bicicleta!! 

Anteriormente, celebrase nalgunas zonas en abril pero a ORGANIZACIÓN DE NACIONES UNIDAS, decidiu poñer o día 3 de xuño para que estivese o mesmo día en todo o mundo. 

E desde entón, hai un montón de actividades para celebrar este día porque a bicicleta é o medio de transporte menos contaminante do mundo e, ademais, axúdanos a facer exercicio para estar en forma. 
Tes pensado coller a túa bici? Seguro que sí!! 
🚲🚲🚲🚲🚲🚲🚲🚲🚲


🚲🚲🚲🚲🚲🚲🚲🚲🚲


🚲🚲🚲🚲🚲🚲🚲🚲🚲


🚲🚲🚲🚲🚲🚲🚲🚲🚲


🚲🚲🚲🚲🚲🚲🚲🚲🚲


🚲🚲🚲🚲🚲🚲🚲🚲🚲


🚲🚲🚲🚲🚲🚲🚲🚲🚲






Tangram

Pasando o rato xogando con tangram