martes, 16 de xuño de 2020

CONCURSO CARTEIS DE SAN XOÁN

Chegounos o concurso dos carteis de San Xoán do concello. 



Aquí tedes  máis información. 
Recordade que remata mañá, día 17, o prazo. 
Ánimo!


luns, 15 de xuño de 2020

ACTIVIDADES 12

Chicos, estamos na última semana de cole!!

Cada semana que pasa podemos facer máis cousas e apetece menos estudiar e traballar, a que sí?
Bueno, imos a polos últimos días. 
Empezamos...
Matemáticas páxina 97: exercicios...

Que non, que é broma! 😝😝😝

Deixovos a proposta para esta última semana. Cada día, iremos descubrindo unha nova. 
Tede paciencia e estade atentos!
A polo último luns de cole! 😁

- ACTIVIDADE A.  Últimos retos do curso. Espero que vos gusten. 



 - ACTIVIDADE B. A profe Paula, a profe Julia e máis eu preparámosvos este trivial con preguntas de matemáticas, lingua, ciencias, música, valores e deportes. Seredes capaces de conseguir todas cores dos queixiños para completar o xogo? Quen será o máis rápido?

 









- ACTIVIDADE C. Hoxe tedes un Escape Room sobre Harry Potter, o noso heroe deste curso!! Tedes que sueperar unha serie de probas...moi difíciles...ou non... Seredes capaces de escapar? Enviade unha foto do final!! 


- ACTIVIDADE D. Como non podía ser doutro xeito, a última actividade deste curso é...

D - E - S - C - A - N - S - A - R

X - O - G - A - R

D - I - S - F - R - U - T - A - R 

D - E - S - C - O - N - E - C - T - A - R!!




sábado, 13 de xuño de 2020

A nosa plantación!

As nosas plantas van vento en marcha a toda vela!
Algunhas, xa foron transplantadas a terra porque xa estaban moi crecidiñas. 





            🌱🌱🌱🌱🌱🌱🌱🌱🌱

venres, 12 de xuño de 2020

Valores 3º / 4º

Como hoxe é a última sesión que nos toca xuntos, imos a celebralo "dándolle ao coco". Que vos parece?
Aquí tedes unha serie de retos para pensar sós ou coa familia. 
Espero que vos gusten!

Podedes enviar as vosas respostas e fotos a: 

profemirian08@gmail.com